02/11/09
29/10/09
Algunhas fotos da Noite BiblioII
Que disfrutedes escoitándoo.
Publicado por Beatriz González en 16:16 | 0 comentarios
Etiquetas: Audioconto, Día das Bibliotecas Escolares, Noite na Biblioteca
28/10/09
SANTIAGO LOPO, PEAXES
É unha novela áxil, orixinal e moi entretida. No grupo de pais comentamos que mesmo podería chegar a ser unha boa curtametraxe.
Publicado por Beatriz González en 19:21 | 2 comentarios
26/10/09
J. SIERRA I FABRA, kafka e a boneca viaxeira
Hai un ano os dous grupos de maiores de Balbordo comentabamos este mesmo libro. Este curso comezamos a primeira reunión dun dos grupos de rapaces (o veterano!) con esta lectura.
to dende os ollos dun adolescente e os dos adultos. Neste caso, os alumnos fixáronse en cuestións nas que eu non lembro que nós repararamos o ano pasado: unha alumna mencionou a inverosimilitude das distancias percorridas pola boneca e deu pé a reflexionar sobre o xogo na infancia, recordos persoais e sobre a idade da protagonista desta historia. Tampouco creo que os maiores fixeramos unha reflexión tan profunda
sobre a infancia de Kafka (e a posible relación con imaxinarse unha historia como a que se recrea no libro de J. Sierra) como a que outro dos membros de Balbordo interpretou tras documentarse sobre a vida de Kafka!Publicado por Beatriz González en 15:49 | 0 comentarios
Etiquetas: Autor, Infancia, Libros, Sierra y Fabra J., Viaxes
18/10/09
II NOITE NA BIBLIOTECA
Por segundo ano consecutivo, esperamos que a do mércores sexa unha noite máxica.
Publicado por Beatriz González en 20:23 | 0 comentarios
Etiquetas: Noite na Biblioteca
05/10/09
IMAXES DO PASADO CURSO E PASAPORTES PARA O PRÓXIMO
Publicado por Beatriz González en 21:34 | 0 comentarios
Etiquetas: Vídeo imaxes 2008-09
30/09/09
LECTURAS OUTUBRO
Publicado por Beatriz González en 21:55 | 0 comentarios
Etiquetas: Autor, Libro, Lopo S., Sierra y Fabra J.
22/07/09
OS MAIORES VÉMONOS EN AGOSTO
Publicado por Beatriz González en 9:54 | 10 comentarios
24/06/09
BALBORDO, CURSO 2008/09
Publicado por Beatriz González en 22:29 | 1 comentarios
Etiquetas: Balbordo Curso 2008/09, Carteis, Lecturas 2008/09
18/06/09
Fin de curso
Publicado por Beatriz González en 16:32 | 0 comentarios
Etiquetas: Autor, Lecturas sorpresa, Libros, Lovecraft, Oralidade, Terror
07/06/09
XORNADA DOS CLUBS DE LECTURA
O venres 5, os coordinadores de moitos clubs de lectura de Galicia xuntámonos nunha intensa xornada na que reflexionamos sobre os hábitos de lectura, coñecemos a experiencia de compañeiros ou algunha iniciativa doutra comunidade sobre a tarea de incentivar a lectura. Tamén tivemos a oportunidade de escoitar o punto de vista dunha escritora que relatou as súas impresións sobre a asistencia a reunións de clubs nos que se fala dos seus escritos. A xornada, perfectamente organizada, rematou cun sorriso grazas á intervención dun contacontos.Publicado por Beatriz González en 21:12 | 0 comentarios
Etiquetas: Xornadas Clubs Lectura
03/06/09
LECTURAS XUÑO
Publicado por Beatriz González en 10:11 | 0 comentarios
Etiquetas: Autor, Lecturas sorpresa, Libros, Lovecraft, Oralidade
23/05/09
O CLUB DA CALCETA, MARÍA REIMÓNDEZ
Falamos da adaptación da novela ó teatro e tamén da estrea, ó día seguinte, da versión cinematográfica do texto. Quizais as vivencias e pensamentos das seis mulleres protagonistas do Club da calceta foron as que máis centraron a nosa conversa. Especialmente mencionamos a Fernanda, Luz ou a Tía Davinia; comentamos temas como a prostitución, a discapacidade, a discriminación ou a violencia, ás veces invisible, á que se ven sometidas moitas mulleres diariamente. Salientamos o feito de que ó compartir palabras e problemas as mulleres poden mellorar a súa situación se se apoian conxuntamente.
Este libro, que M. Reimóndez adicou "A todas as mulleres que, ante tanta violencia, non reaccionan con violencia", fai reflexionar sobre as dificultades de lograr a igualdade entre homes e mulleres pero co optimismo da autora tamén defende que pequenas accións poden levar a grandes cambios.
Queremos agradecerlle a María a oportunidade de "facer puntos" con ela no noso Club e desexámoslle moita sorte na nova etapa que vai comezar.
Publicado por Beatriz González en 12:27 | 1 comentarios
Etiquetas: Autor, Libros, Muller, Reimóndez M., Visita autor
11/05/09
USHA, MARÍA REIMÓNDEZ
Os rapaces de Balbordo contaron este mes cunha visita moi especial: María Reimóndez, autora do libro elixido para maio. Un preguntou pola alusión á serpe coa que comeza a historia, a outro interesoulle si era habitual na India algunha situación concreta de violencia que se narraba no texto; outro quixo saber de que zoa de Galicia sería Usha e tamén houbo quen lle pediu á nosa invitada que contase si as dúas amigas ían conseguir ou non o seu soño. Como adoita pasar nas nosas reunións, unha vez máis comprobamos que os personaxes, aínda que saídos da imaxinación, adquiren vida propia na mente de cada lector!! Por iso, a curiosidade por saber mais desa historia que non remata (como esas que tanto lle gustaban a Usha cando as escoitaba da súa nai) tamén nos fixo rir e imaxinar o martes. Creo que con Usha (obra que, en palabras dos rapaces, se resume en "amizade" ou "a convivencia do distinto") María transmíte que é posible o entendemento entre culturas moi distintas, as aportacións mutuas sen imposicións duns ós outros... que é posible, e necesario, obter unha visión da vida máis complexa e rica cando se abandonan pensamentos restrinxidos; tamén penso que afonda na idea de que é preciso comprender que o diferente ó que un coñece non é menos importante do que un posee.
Usha é moi nova pero tén o privilexio de experimentar vivencias non comúns en nenos da súa idade; entrelaza a súa historia da India e Galicia resumindo como a amizade, a confianza e a aprendizaxe de vivir asimilando como normal o distinto é un achegamento á convivencia diaria.
Novela xuvenil excepcíonal é esta creación dalguén tan comprometido como María Reimóndez, que onte abriu camiños de reflexión a estes rapaces para os que a India agora será un pouco menos descoñecida. Estou segura de que entre estes grandes lectores varios van querer saber máis. Realmente foi unha reunión que todos quereriamos repetir!
Publicado por Beatriz González en 19:49 | 1 comentarios
Etiquetas: Amizade, Autor, Convivencia, India, Libros, Reimóndez M., Visita autor
03/05/09
BALBORDO MAIO
Publicado por Beatriz González en 19:30 | 1 comentarios
Etiquetas: Autor, Libros, Reimóndez M., Visita autor
02/05/09
EL SEÑOR PIP, LLOYD JONES
Este é un deses libros que algunha vez hai que ler, ou reler, por varias razóns:
de á que se chegará seguramente si alguén ou algo consigue fascinarnos ou, simplemente, espertar a nosa curiosidade. Publicado por Beatriz González en 8:02 | 0 comentarios
26/04/09
O SON DAS PALABRAS NO SOUTO
Máis de 40 persoas visitamos o Centro Oleiro de Gundivós onde nos fixeron unha demostración dese oficio de artesáns do que é exemplo esta zoa de Sober.
Logo, no impresionante Souto do Tellada escoitamos a recitación de diversos textos mentres disfrutabamos dese incomparable marco natural.
A visita á igrexa románica de Lobios foi acompañada dun recital co que nos agasallou o grupo de Sober "O Trícole", do que tamén foi fundador o noso Director Verao.
A xornada rematou no Santuario de Cadeiras, onde houbo un xantar e logo visitamos algún miradoiro.
Temos que agradecerlles ós integrantes do Club de lectura, e especialmente a Julia -a Bibliotecaria-, a ilusión que puxeron nese día, a emotividade que xuntos compartimos e a idea desa experiencia que esperamos se volva repetir. Moitas grazas!
Publicado por Beatriz González en 21:38 | 3 comentarios
Etiquetas: Club lectura Sober, Fomento da lectura, Vídeo visita Sober
24/04/09
O PRINCIPIÑO, de Saint-Exupéry
Publicado por Beatriz González en 20:17 | 0 comentarios
Etiquetas: Ano Internacional Astronomía, Autor, Bibliotecas Virtuais, Fundación Germán S.Ruipérez, Libro, Saint-Exupéry
29/03/09
DÍA LIBRO INFANTIL
Publicado por Beatriz González en 22:58 | 0 comentarios
Etiquetas: Día libro infantil, Fomento da lectura




